Sist. Inform. Mono e Multiusuario-> Programa de estudos
PROGRAMA DE ESTUDOS DO MÓDULO DE SIST. INFORM. MONO E MULTIUSUARIO

1. INTRODUCCIÓN

Conceptos como ordenador, dato e información, sistema informático, etc. Fálase un pouco da evolución da informática e presenta os compoñentes funcionais dun ordenador (Cpu, memoria, ... ) e o porqué da súa existencia.
Tempo estimado: 10 sesións de 50 minutos.

  • Conceptos Previos
    • Ordenador
    • Dato e Información
    • Sistema de Información
  • Elementos do Sistema Informático
  • Estructura Funcional dun Sistema Informático
    • Evolución Histórica dos Ordenadores
    • Arquitectura de Von Neuman
    • Elementos Funcionais dun Sist. Informático
      • Unidade Central de Proceso (CPU)
      • Memoria
      • Periféricos ou dispositivos de E/S
      • Mecanismos de Interconexión: Buses
  • Funcionamento dun Ordenador
    • Ciclo de Instrucción
    • Exemplo de Funcionamento

     

2. CONCEPTOS DE HARDWARE.

Preséntanse os conceptos básicos para formar o alumno/a na instalación, conexión e mantemento preventivo dos equipos. Explicaránse os distintos elementos físicos que compoñen o ordenador e os tipos mais comúns de cada un deles
Tempo estimado: 10 sesións de 50 minutos.

  • Compoñentes Físicos
    • Placas
    • Procesador
    • Memoria
    • Periféricos
    • Dispositivos de Almacenamento
  • Montaxe de Equipos
3. TRABALLO BÁSICO CON WINDOWS

Nesta unidade preténdese coñecer o manexo como usuario de Windows. Non nos vamos a deter en aspectos avanzados do manexo de Windows, o que se pretende con esta unidade e que todos os alumnos sexan capaces de desenvolverse perfectamente nun entorno Windows.
Tempo estimado: 20 sesións de 50 minutos.

  • Evolución da Familia Microsoft Windows
  • Realizar unha Sesión en Windows
    • Concepto de Usuario
  • Uso do Escritorio
    • Iconos
    • Menú Inicio
    • Barras de Tarefas
  • Administración de Arquivos e Carpetas
    • Nomes de Arquivo e Extensión
    • Explorador de Windows
    • Administración de arquivos
      • Atributos dos arquivos (ocultos, sistema...)
    • Administración de carpetas
      • Configuración das opcións de Carpetas
    • Buscar Arquivos ou Carpetas
      • Uso de comodíns
    • Papeleira de Reciclaxe
  • Unidades de Disco
    • Traballo con disquetes
    • Formateo
  • Personalización do Entorno
    • Escritorio
    • Panel de Control
    • Asociacións de Ficheiros
  • Utilidades do Sistema
    • Scandisk
    • Defrag
  • Administración de Usuarios
    • Concepto de Administrador
    • Usuarios Locais vs. Usuarios do Dominio
    • Manexo de Contrasinais

4. TRABALLO BÁSICO CON GNU/LINUX.

Esta unidade ten o mesmo obxectivo que a anterior, e dicir, introducir o alumno nos conceptos e manexo do sistema operativo GNU/Linux, para que cando eses coñecementos sexan necesarios noutro módulo xa estean en posesión do alumno..
Tempo estimado: 20 sesións de 50 minutos.

  • Introducción ó sistema multiusuario Linux:
    • Software Libre
    • Arquitectura: Núcleo e shell
    • Directorio de Traballo
  • Procedemento de conexión/desconexión.
  • Entorno gráfico
  • Entorno textual
    • Comandos de administración de carpetas
    • Comandos de administración de arquivos
    • Permisos de arquivos
  • Sistema de Axuda
  • Editor Vi
5. CONCEPTOS DE SISTEMAS OPERATIVOS.

Nesta unidade de traballo explícanse os fundamentos sobre a necesidade e o funcionamento dos sistemas operativos. Explícase a importancia dunha correcta xestión dos recursos e conceptos tan importantes como son o de proceso e interrupción.
Tempo estimado: 20 sesións de 50 minutos.

  • Prestacións e Funcións dun Sistema Operativo
    • Concepto
    • Funcións que Realizan os Sistemas Operativos
      • Funcións de Axuda o Usuario
      • Xestión de Recursos
        • Xestión de Procesos
        • Xestión de Operacións E/S
        • Xestión de Memoria
        • Xestión do Sistema de Arquivos
        • Administración de Máquinas Virtuais
  • Historia e Evolución dos Sistemas Operativos
  • Interrupcións e Procesos
    • Interrupcións
    • Procesos
  • Arquitectura do Sistema Operativo
    • Niveis ou Capas do Sistema Operativo
    • Interfaz de comunicación
  • Modos de Explotación do Sistema. Tipos de Sistemas Operativos
    • Según o Número de Usuarios
    • Según o Número de Procesos
    • Según o Número de Procesadores
    • Según o Tempo de Resposta

6. DISCOS DUROS E SISTEMAS DE FICHEIROS.

Nesta unidade de traballo explícanse os fundamentos do funcionamento e organización dos discos duros primeiro, logo dos sistemas de ficheiros máis comúns (FAT, NTFS, ...), e para rematar explícase o concepto de partición e os distintos tipos existentes, para preparar o alumno para o seguinte tema que será o de instalación de sistemas operativos.
Tempo estimado: 10 sesións de 50 minutos.

  • Discos Duros e Particións
    • Funcións dun Disco Duro
    • Estructura Física dun Disco Duro
      • Cabezas, Cilindros e Sectores
      • ¿Como Se almacenan e Recuperan os Datos?
      • Características dun Disco Duro
    • ¿Qué é o formateo dun disco?
    • Estructura Lóxica dun Disco Duro
    • Estructura Lóxica das Particións
    • Secuencia de Arranque dun Ordenador
    • Sistemas de Arquivos
      • FAT
      • VFAT
      • FAT 32
      • NTFS
7. INSTALACIÓN DE WINDOWS E MANEXO DE PARTICIÓNS

Nesta unidade utilízanse os coñecementos adquiridos na unidade anterior, para dominara as diversas formas que temos de instalar Windows. Xa que podemos atoparnos máquinas cun único Sistema Operativo, ou ben máquinas nas que conviven diversas versións de Windows, ou incluso máquinas nas que convive Windows con outros Sistemas Operativos.
Tempo estimado: 20 sesións de 50 minutos.

  • Instalación de Varias Versións de Windows Utilizando o Xestor de Arranque de Windows
  • Instalación de Varias Versións de Windows Utilizando outro Xestor de Arranque
  • Vantaxes e Inconvintes de Cada Método

8. MS-DOS BAIXO WINDOWS

Esta unidade capacita para operar sobre o sistema MS-Dos baixo Windows. Os contidos son de tipo procedemental e as habilidades a desenrolar son destrezas de operación co sistema operativo.
Aínda que poida parecer raro estudiar o manexo dun sistema operativo obsoleto, coñecer o seu manexo é necesario para realizar tarefas de recuperación do sistema Windows cando non é accesible o entorno gráfico.
Ademais permitiranos na seguinte unidade de traballo coñecer a programación de ficheiros bat o que nos permitirá automatizar tarefas de administración de Windows.
Tempo estimado: 20 sesións de 50 minutos.

  • Introducción
  • Historia
  • Características
  • Comandos MS-Dos
    • Comandos Básicos
    • Editores de Texto
    • Xestión de Directorios
    • Xestión de Arquivos
    • Outros Comandos
  • Filtro e Redireccionamentos

9. AUTOMATIZACIÓN DE TAREFAS: PROGRAMACIÓN POR LOTES BAIXO WINDOWS
Tendo xa estudado os comando e funcionamento de MS-Dos baixo Windows, imos agora a estudiar como se poden combina eses comandos, xunto con outros comandos especiais para facer programas bat baixo Windows, o que nos permitirá automatizar tarefas de administración de Windows.
Tempo estimado: 20 sesións de 50 minutos.

  • Introducción
  • Historia
  • Características
  • Comandos MS-Dos
    • Comandos Básicos
    • Editores de Texto
    • Xestión de Directorios
    • Xestión de Arquivos
    • Outros Comandos
  • Filtro e Redireccionamentos

10. ADMINISTRACIÓN DE WINDOWS AVANZADA
Unha vez chegados a este punto, o alumno xa posúe os coñecementos suficientes para comprender totalmente as tarefas que ten que realizar un Administrador dun Sistema Operativo.
Nesta unidade vese en profundidade o manexo e administración dun sistema Windows, entendendoo non coma un sistema asilado, senon formando parte dunha rede. Polo que se prestará especial importancia a administración de recursos compartidos.
Tempo estimado: 40 sesións de 50 minutos.

  • Administración de Recursos de Disco
    • Compartición de Carpetas
      • Seguridade de Acceso
        • Permisos NTFS
        • Permisos de Recurso Compartido
    • Compartición de Impresoras
    • Compresión de Carpetas e Arquivos
    • Cuotas de Disco
  • O Rexistro de Windows
  • Os Servicios en Windows
  • Recuperación dun Sistema Windows

11. AMPLIACIÓN DE COÑECEMENTOS DE HARDWARE
Esta unidade é unha continuación da unidade de traballo cinco. Agora que xa temos asentados multitude de coñecementos sobre informática podemos deternos a ampliar os nosos coñecementos sobre hardware.
Tempo estimado: 20 sesións de 50 minutos.

  • Ampliación de Coñecementos de Hardware
  • Recuperación de Equipos

12. ADMINISTRACIÓN DE GNU/LINUX AVANZADA
Esta unidade é unha continuación da unidade de traballo tres. Agora que xa temos asentados o funcionamento a nivel de usuario do sistema operativo GNU/Linux podemos profundizar en temas de administración do sistema e personalización do entorno..
Tempo estimado: 48 sesións de 50 minutos.

  • Instalación do Sistema Operativo
  • Ampliación de Comandos
    • Ampliación sobre o sistema de permisos
    • Búsqueda de Arquivos
    • Enlaces
  • Administración de Usuarios
  • Xestión de Procesos
  • Compresión de Arquivos
  • Montaxe de Sistemas de Arquivos
  • Instalación de Aplicacións
  • Impresión en Linux

13. AUTOMATIZACIÓN DE TAREFAS: SCRIPTS EN LINUX.
Esta unidade é similar a unidade nove. Nela vimos a forma de automatizar tarefas en Windows. Nesta, veremos como automatizar tarefas baixo Linux empregando scripts.
Tempo estimado: 30 sesións de 50 minutos.

  • O Shell Bash
    • Variables de usuario.
    • Variables do sistema: LOGNAME. HOME, IFS, PATH, PS1, PS2, TERM....
    • Arquivos de configuración:.
  • Programación en shell:
    • Procedemento de escritura e depuración.
    • Comentarios.
    • Procedementos sinxelos.
    • Variables e argumentos.
    • Instruccións e estructuras de programación:
      • exit, read
      • for, do, done
      • if, then, else, fi
      • test, while, shift, true, false, break, continue, until
      • case, esac
  • Mellorando o Interfaz


voltar