Programa de estudos

A partir do próximo curso 2007-08 haberá cambios importantes.

A matrícula realizarase por módulos en lugar de por cursos. É posible matricularse nos módulos que se desexe, sempre e cando non haxa incompatibilidades horarias.

Cada alumno pode decidir se lle interesa cursar os estudos completos obtendo a titulación de Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos ou simplemente formarse nalgunha área concreta obtendo un certificado acreditativo dos módulos estudados.

As clases de adultos comezarán ás 18:30 e rematarán antes das 23:00 horas. Garantirase a homoxeneidade das franxas horarias en que se imparta cada módulo.

Ó ser menos horas de clase, impartiranse os módulos en tres cursos académicos. O módulo de Formación en Centros de Traballo, no que os alumnos se desprazan a unha empresa da comarca do Morrazo, Vigo ou Pontevedra para completaren os seus estudos, en principio realizaríase nun cuarto ano.

O curso que vén impartiranse pola nova normativa os módulos:

  • Redes de Área Local
  • Sistemas Informáticos Monousuario e Multiusuario
Cada curso iranse engadindo na oferta modular os módulos correspondentes.

O ciclo está organizado por módulos cunha duración que se indica na táboa seguinte (a duración total do ciclo é de 2000 horas):

MODULO HORAS
Sistemas monousuario e multiusuario 240
Redes de área local 265
Fundamentos de programación 265
Formación e orientación laboral 55
Relacións no contorno de traballo 55
Implantación de aplicacións informáticas de xestión 185
Desenvolvemento de funcións no sistema informático 160
Sistemas xestores de bases de datos 185
Proxecto integrado 130
Formación en cetros de traballo 380