Prácticas en empresas
O último módulo que se realiza no ciclo é a Formación en Centros de Traballo, no que os alumnos se desprazan a unha empresa da comarca para completaren a súa formación. A duración da FCT é de 380 e realízase en empresas da comarca do Morrazo, Pontevedra e Vigo do máis alto nivel e tecnoloxía punta.

O noso interése é atopar a mellor empresa para cada alumno e o mellor alumno para cada empresa; polo que tanto uns como as outras son seleccionados co máximo coidado tendo en conta as aptitudes e expectativas profesionais do alumnado.

Realizaranse actividades do tipo:

    ·  Instalación e configuración de sistemas informáticos e Redes de ordenadores
    ·  Programación en Internet.
    ·  Programación de propósito xeral.
    .  Reparación de sistemas e soporte a empresas e a usuarios finais.
    ·  .....

Unha vez que o alumnado realiza con éxito as prácticas na empresa obtén o título de Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos. O ciclo de ASI en réxime de Adultos ten unha bolsa de traballo onde os nosos alumnos poden acceder a información actualizada sobre ofertas de emprego, convocatorias de oposicións axeitadas ao seu título etcétera.

Asimesmo, o alumno pode optar ao acceso á Universidade. Os titores infórmante de todo o proceso a realizar, así como convalidacións, requisitos, matrícula, elección de Universidade e carreira etc.