Requisitos de Acceso:
· Para acceder directamente aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional deberáse cumprir algún dos seguintes requisitos:
· Estar en posesión do título de bacharelato LOXSE.
· Ter superado COU.
· Estar en posesión do título de técnico especialista, técnico superior ou titulación equivalente.
· Estar en posesión dunha titulación universitaria.
· No caso de non cumprir ningún dos requisitos anteriores, poderase acceder a un ciclo superior previa superación dunha proba de acceso
Preinscrición:
Cada solicitante presentar unha única instancia no centro do ciclo formativo que solicite en primeiro lugar. En dita instancia se relacionarán, por orde de preferencia, todos os centros e ciclos formativos superiores para os que se solicita praza.
O prazo de presentación das solicitudes dende o 17 de xuño ata o 2 de xullo, ambos incluidos.
Tamén deben presentar nestas datas a instancia de solicitude os alumnos pendentes da convocatoria extraordinaria de setembro.
A documentación que se deberá adxuntar ao impreso de solicitude de admisión é a seguinte:
· Fotocopia compulsada do DNI
· Certificación académica que acredite que o solicitante cumpre os requisitos académicos necesarios para acceder a un ciclo superior. Cando se solicite a certificación académica deberá indicarse a finalidade da mesma xa que deberá axustarse ao modelo establecido para acceder a ciclos formativos superiores (agás que se acrediten estudos universitarios). As persoas solicitantes que obtiveran a titulación fóra de Galicia ou as que accedan coa titulación de bacharelato de música, bastará con que presenten unha certificación académica con especificación das cualificacións, coa finalidade de poder realizar baremación. Para o alumnado que estea pendente da convocatoria extraordinaria de setembro para acadar os requisitos académicos establécese un prazo extraordinario de presentación da certificación académica dende o 1 ao 13 de setembro de 2005.
· Os solicitantes que non cumpran os requisitos académicos presentarán certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo para o que solicitan praza.
· O alumnado con necesidades educativas especiais que opte ao ciclo formativo pola cota de prazas reservadas deberá presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalía acompañado do seu ditame técnico facultativo.
Matrícula:
O alumnado que obteña praza no mes de xullo deberá formalizar a matrícula no prazo que se lle indique en xullo.
Para o resto do alumnado a adxudicación de prazas realízase varias fases durante os meses de setembro e outubro. O prazo de matrícula dependerá da fase na que ao alumno se lle adxudique a praza. O persoal de Secretaría informará a cada alumno do prazo en que debe matricularse unha vez se lle adxudique praza.
Que sucede se non fixen preinscrición e me quero matricular?
As persoas que queiran matricularse e non fixeran preinscrición poderán facelo en setembro e outubro sempre que haxa prazas non cubertas polo alumnado preinscrito.
Aínda hai prazas vacantes no ciclo de ASI en réxime de Adultos!
Infórmate na secretaría do centro sobre os prazos e documentación a presentar.
|
 |