Quen pode matricularse no ciclo?
Para matricularse no ciclo de Administración de Sistemas Informáticos en Réxime de Adultos só é preciso posuír o título de bacharel. Ben por ter feito o 2º de Bacharelato LOXSE, ou o antigo COU. Asimesmo non é preciso ter o selectivo aprobado.
Podo facer a preinscrición no ciclo e ao mesmo tempo ir ao selectivo ou á universidade?
Si. A preinscrición, matrícula ou asistencia ao ciclo é totalmente compatible con calquera outra. Así, un alumno pode matricularse no selectivo, na universidade, etc. e facer a preinscrición e aínda a matrícula no ciclo.
Estou cursando Enxeñaría Informática na UNED. Podo matricularme neste ciclo á vez? Servirame de algo?
Si. Ademáis as clases do ciclo serán de axuda aos teus estudos universitarios e viceversa. Ademais, as prácticas na empresa serviranche de inmersión na vida laboral que tan difícil é tendo só un título universitario.
Estou interesada en cursar só uns módulos. Podo matricularme de módulos soltos?
Si, a partir do curso 2007-08 os ciclos de FP en modalidade de adultos impártense de maneira que o alumno realiza a matrícula por módulos soltos. Así un alumno pode cursar os módulos nos que estea interesado sen necesidade de estudar o ciclo completo.
Existe algún tipo de convalidación entre os módulos do ciclo e materias da Universidade?
Actualmente si. Ao ser as universidades as que teñen as competencias das validacións, pode que isto mude nun futuro cercano, pero de momento, hai convalidacións nas carreiras de Informática (Universidade de Santiago, Coruña e Vigo) e ETSE de Telecomunciacións (Universidade de Vigo). Consulta o apartado de prácticas en empresas para máis información.
Estou traballando e ir a clase tantas horas éme imposible. Que podo facer?
A partir do curso 2007-08, o horario dos ciclos de FP en modalidade de adultos é entre 18:00 e 23:00 horas. Ademais garantirase a homoxeneidade das franxas horarias nas que se imparta cada módulo. Dependendo das horas de que dispoñas e dos módulos que che interesen poderás asistir a clase nunha franxa horaria, que estar´ sempre nun intervalo horario posterior ás 6 da tarde e anterior ás 11 da noite.
Estou traballando nunha empresa informática e gustaríame ampliar coñecementos dun módulo de segundo curso. Podo cursalo no primeiro ano?
No curso 2007-08 empézanse a ofertar os módulos de maneira individual, de maneira que agora será posible matricularse en calquera módulo independentemente do curso ó que pertencese.
Se a túa dúbida non está neste listado. Envíanos un correo electrónico
|
 |
 |