Fundamentos de Programación Redes de Área Local Sistemas Informáticos Mono e Multiusuario Formación e Orientación Laboral Relacións no Contorno de Traballo Desenvolvemento de Funcións nun Sistema Informático Implantación de Aplicacións Informáticas de Xestión Sistemas Xestores de Bases de Datos Proxecto Integrado Formación nun Centro de Traballo

Titoria de FCT: Información Xeral para Empresas

Conscientes da importancia estratéxica que hoxe en día ten a formación dos nosos cidadáns para o desenvolevemento e prosperidade da nosa economía, faise necesaria unha colaboración por parte de toda a sociedade e máis en concreto das empresas.

É por isto que solicitamos a súa colaboración no traxecto final da formación dos nosos futuros profesionais no eido da informática. Este traxecto, o módulo de Formación en Centros de Traballo, exténdese ao longo de pouco máis de dous meses seguindo o horario laboral da empresa colaboradora.

O alumnado por este concepto non recibe prestación económica algunha e está totalmente asegurado. A súa empresa pode acoller a un dos nosos alumnos en prácticas sendo unha estupenda oportunidade para formar novos traballadores e coñecer o nivel de preparación dos actuais profesionais do sector informático.

O alumnado en enviamos ás empresas colaboradores son Técnicos superiores en Administración de Sistemas Informáticos, contan co aval da Administración Pública e foron formados por un amplo grupo de profesionais especialistas en redes, comercio electrónico, programación de aplicacións e Sistemas de información. Poden acceder ao seu perfil técnico completo pero de xeito resumido están formados nas seguintes tecnoloxías:

- Hardware e mantemento de equipos e redes informáticas
- Redes de Área Local
- Administración de Sistemas Operativos Windows e Unix
- Bases de Datos Oracle, Microsoft SQL Server, Postgres, MySQL etc.
- Comercio electrónico, elaboración de páxinas web dinámicas, PHP, javascript, JSP, Servlets...
- Programación en C# en entornos .NET

Se a súa empresa pertence ao eido da informática, redes e comercio electrónico non nos cabe a menor dúbida que o noso alumnado posúe un perfil que se adapta ao que a súa empres demanda do sector educativo.
Por favor, de estaren vdes. interesados, póñanse en contacto connosco por e-mail, teléfono, ou ben enviando un FAX ao enderezo indicado abaixo e porémonos en contacto con vdes. para unha entrevista personalizada onde lles explicaremos os detalles do noso programa de Formación en Centros de Traballo.

IES DE RODEIRA
email: manuel@iesrodeira.com
telefono: 986 303933

Inicio Titoría 1º Titoría 2º IES de Rodeira