![]() |
![]() |
| Titoria de FCT: Información Xeral |
O módulo da Formación en Centros de Traballo permite ao alumnado - Desenvolver actividades axeitadas ao aprendido no Ciclo nun contorno empresarial real. - Coñecer de primeira man como se traballa na empresa e observar se o traballo de informático que desenvolvería na súa vida laboral se axusta ás súas expectativas. - Ter xa experiencia laboral (aínda que só de tres meses)para pór no currículo e demostrar ao futuro empregador que se ten aptitudes para o traballo. Deberes do alumnado durante a FCT - Acodir á empresa seguindo as súas normas internas (puntualidade, vestimenta, actitude...) como un traballador ou traballadora máis - Realizar as actividades que lle encomende o titor da empresa - Acodir ao IES de Rodeira quincenalmente segundo se especifica no calendario da FCT para a avaliación por parte do titor e o seguimento xeral do módulo. Dereitos do alumnado durante a FCT - Ser tratado con respecto e consideración - Estar cuberto por un seguro de responsabilidade civil - Ser informado polo titor de todo canto concerne ao módulo - Realización de actividades axeitadas ao desenvolvido no ciclo - Axuda do titor se algún dos anteriores dereitos é conculcado |