Formación en Centros de Traballo

Se es alumna/o do ciclo sup. de Administración de Sistemas Informáticos en réxime de adultos e superaches todos os módulos; comezas agora a túa tempada de prácticas na empresa. Nos enlaces seguintes podes ter información sobre novas do teu interese, información xeral (en que consisten as prácticas, obrigas e dereitos...), o calendario de prácticas que tes que cumprir xunto co calendario xeral do curso.

Información para o ALUMNADO
novas información xeral calendario de prácticas calendario xeral do curso

Se ti xa cursaches o noso ciclo en cursos anteriores saberás que temos unha bolsa de traballo onde informamos ao noso alumnado das ofertas de emprego, convocatorias de bolsas, oposicións, etc. Así mesmo contamos cunha sección de foros de carácter técnico onde poderás comentar os teus logros e problemas neste mundo tan amplo. Calquera de nós (tanto profesor coma un compañeiro) tentará axudarche no que precises. Segue en contacto a través do IES de Rodeira!

CLUB de ANTIGOS ALUMNOS
novas bolsa de traballo Foros


Se vostede é propietario, xerente ou ten un cargo de responsabilidade nunha empresa do sector informático, poderá dala de alta no sistema se quere vd. entrar no noso programa de prácticas e acoller un alumno; un profesor poñerase en contacto con vostedes. Se xa ten convenio con nós, aquí pode atopar información de interese para a súa empresa.

Información para EMPRESAS
información xeral calendario de prácticas alta da empresa